Wednesday 01 de May de 2024

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para a ampliación do Puente da Pasaxe


Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación.

Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por ” de Copigal” non valoro que a súa febre construtivo-especulativa crearía os problemas de mobilidade que todos padecemos hoxe en día. E iso que se lle aviso.

Non foi o único aviso. Naquel entón tamén se lle advertiu de que os anchos da estrada da costa, a que pasa por Bastiagueiro, ou a estrada de Montrove, dado o desenvolvemento urbanístico previsto, requirirían reservas de espazo nas súas marxes para futuras ampliacións.

Nin o equipo de goberno nin a oficina de plan tiveron en conta o crecemento que o propio Plan Xeral prevía e, consecuentemente, o aumento do número de vehículos que nas próximas décadas usarían as estradas de Oleiros.

Pero a concesión de licenza para construír o edificio citado leva a palma como un dos maiores despropósitos de García Seoane, ata o punto de que os piares do edificio están fundidos cos da propia ponte – así se fixo constar no seu día- o cal dificulta e, en todo caso, encarece a súa ampliación.

Doutra banda, imaxinámonos o calvario que viviu e está a vivir a propiedade do inmoble pola condena permanente á derriba que hai anos ditou o alcalde. Seguramente pedirá danos e prexuízos por isto, pero como paga o Estado a García Seoane dálle igual.

Dar licenza non só foi unha falta de previsión, unha cerrazón inxustificable, senón que, co tempo, converteuse nunha gran tomadura de pelo aos cidadáns, na que o culpable adoptou o papel de aldraxada vítima. Véxanse os numeritos que veu montando Gelo na zona ou o enorme cartel que mandou colgar pago por todos os oleirenses.

Deja un comentario